martes, 17 de diciembre de 2019

DE TOUR POLA CHINA

Tres meses pola China dan moito de si!! Nós pensabamos que estaba todo máis cerquiña pero nooooon... as distancias son mooooi lungas!!!
Cando preparamos a nosa viaxe tiñamos ben clariño que había sitios aos que tiñamos que ir si ou si... e alá que fomos!!
Alucinamos co tamaño da Muralla chinesa!! Non nos extraña nadiña que digan que se ve dende a lúa!
E non se queda atrás o Gran Buda de Leshan... cousa grande de home!! Se vos animades a ir á China non vos podedes perder esta parada!
E que dicir dos Guerreiros de terracota de Xián!! O que tal alí había!! Estaba todo cheíño de soldados e os seus cabalos. E disque aínda hai moitos máis por descubrir! Como se 8000 no foran moitos xa!😄
Nós pensabamos que con tres meses íamos sobrados de tempo para percorrer a China pero... podíamos quedar todo un ano e aínda así non ver todo!!
Sempre se di que hai que deixar cousas por ver para ter un motivo para volver,non?😉
O certo é que xa temos ganas de ver as nosas familias e... o Nadal está aí cerquiña... Vamos! Que volvemos para á casa uns diíñas a recoller mimos e folgos (e tamén para que nos axuden coa colada que todo este tempo... dou para moito manchar!)







martes, 10 de diciembre de 2019

PARA CHUPAR OS DEDOS!

Paseando e coñecendo os distintos lugares da China, chamou a nosa atención a gran cantidade de postos de comida que hai polas rúas (e o cheiriño que botaban 😜).
Tivemos a oportunidade de degustar os seus pratos máis coñecidos de xeito internacional (e tamén de
"pelexar" cos pauciños que empregan para comer). 
Estaba todo tan saboroso que decidimos dar un paso máis e ir a un curso de cociña chinesa. Aprendemos a facer noodles con polo á soia e galletas da fortuna.
Familias, preparádevos ... á volta cociñamos nós!!!
   

     



jueves, 5 de diciembre de 2019

PAGODA

É moito o que estamos a aprender sobre a cultura chinesa!!
Unha das cousas que máis chamou a nosa atención foi saber que as pagodas (esas construcións que vemos por todo o país) non son vivendas, senón que son templos.
Templos cunha finalidade relixiosa e que forman parte do hinduismo!      



jueves, 28 de noviembre de 2019

NI HAO A TODOS!

Nós, que viñamos de falar o noso galego, o noso castelán... .atopámonos cun idioma ben diferente; o chino!!. Non hai quen o entenda!! É que non ten nin letras... ideogramas chinos lle chaman!!
Vós, xa sabedes que nós somos moito de aprender e que non nos mete medo nada, non si? Pois alá que fomos a clases de chino! Aprendemos a escribir os nosos nomes e fixemos a firme promesa de aprender unha palabra nova cada semana.
Polo de agora, como queremos ser educadiños, aprendemos a dicir; ola, adeus, grazas e de nada. O próximo será aprender a pedir algo de comida ou bebida... non vaia a ser!!

miércoles, 27 de noviembre de 2019

E CHEGAMOS Á CHINA...

...concretamente a Pekín!
Non podedes nin imaxinar a cantidade de xente que hai aquí! Hai xente por tooooooodas partes ...
Sen dúbida estamos nun país moi diferente ao noso, e diso xa nos deramos de conta coa barreira do idioma (que iso xa volo contaremos outro día) pero... ai mi madriña! que lío coas moedas e billetes. Isto de pasar de euros a yuanes  está a ser un pouquiño complicado... tanto que, ás veces, xa non sabemos se estamos a comprar máis caro ou máis barato que en España.
Desta volta ímonos converter nuns fenómenos do cálculo mental (aínda  que é posible que quedemos sen cartos antes do que pensabamos).

martes, 12 de noviembre de 2019

CHEGOU O MOMENTO!!!

Despois de tanto tempo de espera, de preparar as maletas, sacar o pasaporte, comprar os billetes...
chegou o momento de marchar! Por fin!!!
Non podedes nin imaxinar o nerviosos que estabamos no aeroporto!
Eran moitas as dúbidas  que tiñamos; e se metín na maleta algo que non debía? e se non paso o control da Aduana? e se pito no control policial?... Todo eran preguntas e nervios! 
Amais, para algúns de nós era a nosa  primeira viaxe en avión e claro.. ver un avión tan grande e pensar en tantas horas de voo..., ai! Que momentos de tensión pasamos!
O certo é que a viaxe foi estupenda; durmimos, xogamos, vimos pelis, comemos... e agora xa, cos pés  na terra, podemos dicir que .... 

                                                           ESTAMOS NA CHINA !!!
                                                                       NI HAO!

martes, 29 de octubre de 2019

ÚLTIMOS PREPARATIVOS

Previsores como somos, xa temos a maleta feita pero... fáltanos o máis importante!! Como imos ir de viaxe sen o noso pasaporte e o billete do avión?.
Onte fomos todos  xuntos ata a Comisaría de Policía a sacar o noso pasaporte. Os policías foron moi simpáticos e rapidamente os tiñamos na man.
Ao saír fomos ata a axencia  de viaxes a recoller o billete do avión que nos levará a China!.
Cada vez estamos máis emocionados  e cunhas ganas tolas de marchar .....xa!




martes, 22 de octubre de 2019

PREPARANDO A EQUIPAXE

Non nos da chegado o momento de comezar a nosa aventura!
Pero ben sabemos que precisamos levar moitas cousas (e non esquecer nada!) para que a nosa viaxe sexa perfecta. 
Foron moitas as dúbidas á hora de facer a maleta; levaremos todo?... Caberame isto na maleta?... Seguro que non esquezo nada?... Colliches o pasaporte?...
Aos poucos foron pasando os nervios da equipaxe pero agora temos os de marchar por fin de viaxe.
Esta viaxe vai acabar con nós e aínda non comezou!!


jueves, 17 de octubre de 2019

martes, 1 de octubre de 2019

COMEZAMOS!!!

Ola a todos!
Somos Carmen, David, Nerea e Sofía, os alumnos máis intrépidos do CEE Vilagarcía de Arousa.
Este ano imos vivir unha marabillosa aventura na nosa aula, xa que estamos metidos de cheo nun proxecto chamado"Trouleando polo Mundo".
Co noso proxecto viaxaremos polos distintos continentes para poder coñecer algún dos seus países e aprender así máis da cultura, idioma, patrimonio e, como non, da súa gastronomía (é que nós sómosvos moi larpeiros).
Estamos a preparar o noso itinerario pero xa vos avisamos de que a nosa viaxe estará chea de aventuras e sorpresas.
O certo é que é a nosa primeira viaxe "internacional" e estamos un pouquiño inquedos e é por iso que nos gustaría notar o voso apoio e sentir que nos acompañades en cada unha das nosas andanzas, así que......estades listos para acompañarnos?.
Ide preparando a equipaxe xa que en breve....despegamos!.