miércoles, 15 de abril de 2020

DESPEDIDA??

Chegou o momento de escribir a entrada de despedida da nosa aventura polo mundo.
Sabiamos que este momento tiña que chegar... pero alá polo mes de xuño, non en abril.
A situación que estamos a vivir obríganos, pola nosa saúde e pola vosa, a ficar nas nosas cosas, onde estamos moi a gustiño e moi ben coidadiños.
Os que nos coñecedes, sabedes que nós non somos de estar quietos, e estar na casa non vai evitar que viaxemos, pero coa nosa mente... coa nosa imaxinación...
A nosa idea era ir a Kenia, e iremos!... pero doutro xeito.

Oxalá todo isto mellore o poidamos volver a contarvos as nosas aventuras, pero o primeiro é o primeiro, así que...
Pero isto non é un adeus, eh? É un ATA PRONTO!! Coidádevos moito porque contamos con vós para seguir compartindo os nosos proxectos. Se non é este curso será o seguinte, pero o importante é que esteamos TODOS!
Unha aperta moi grande e, recordade, quedade na casa!!!

Sofía, Nerea, Carmen, David, profe Olalla e profe Irene.

martes, 7 de abril de 2020

DÍA DOS MORTOS

Unha das últimas cousas que aprendemos de México, antes da volta apresudara aos nosos fogares, foi a súa tradición do Día dos mortos.
Cando o escoitamos por primeira vez pensamos… -Mortos? En serio…? Pero onde nos metemos!!!- e, a ver… témosvolo que recoñecer; deunos un pouquiño de medo. Pero cando comprobamos que eles o vivían como unha festa… quedamos abraiados!
Mirade se é algo importante, que esta festa está declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
A festa celébrase os días 1 e 2 de novembro e claro, nós non estabamos alí, pero vimos moitas fotos, vídeos… e ata fixeron unha pequena escenificación para nós entendermos mellor a gran homenaxe que lle rinden aos seus mortos.
Os altares que lles preparan son impresionantes! Con cirios, frores, a foto da persoa que se recorda, caveiras, auga, comida…
Foi curioso comprobar a gran diferenza entre eles e nós. Nós asociamos a morte a cor negra, malva… pero eles as cores alegres.
O bo disto é que lle perdemos o medo aos esqueletos, eses que vemos no Samaín pola nosa terra, xa que agora os vemos con outro ollos porque… a ver… ver un esqueleto vestido de charro… medo, medo… non da!
E así, intentando facervos partícipes da nosas aventuras, rematamos a última entrada sobre a nosa viaxe a México. Non vos imos negar que estamos a pensar na nosa próxima parada: Kenya. Se poderemos ir ou non… aínda non o sabemos, é todo moi incerto, pero o que si temos claro é que nós, agora, quedamos na casa.
Esperamos que estedes todos ben.
Coidádevos moito.



GUACAMOLE!

Saúdos dende as nosas casas!
Si, tranquilos, estamos ben e confinados nos nosos fogares. Isto pillounos a todos un pouco por sorpresa pero… o importante é que estamos todos ben.
Despois duns días de tolemia, intentando entender todo o que estaba a acontecer, chegaron estes días nos que temos tempo para xogar, traballar, cociñar, gozar da familia, pensar… e  démonos de conta de que non vos contaramos as nosas últimas aventuras por México.
Antes de volvermos, tivemos a oportunidade de participar nun obradoiro de cociña típica e alí aprendemos a preparar un saboroso guacamole. Non vos imos negar que ao principio non o viamos moi claro pero, unha vez o probamos, pareceunos que estaba moi sabedeiro. De feito, igual ata repetimos e o facemos na casa cosas nosas familias.
Agora que todos temos un pouquiño máis de tempo, animámosvos a que probedes receitas e pratos típicos doutros países. (Si, neste momento, a nós tamén o corpo nos está a pedir máis ben torrixas e incluso filloas… pero vainos dar tempo a todo!)
Esperamos que esteades todos ben. E recordade… nós quedamos na casa.



jueves, 12 de marzo de 2020

CORES, CORES E MÁIS CORES

México desprende cores, tradición e cultura por todas partes.
Esta semana estivemos a coñecer máis de preto a súa  vestimenta. Contáronnos que o traxe nacional
de muller chámase china poblana e o de home charro, pero que teñen moitos máis!
E como xa sabedes que nós somos de probalo todo... alá que fomos! Deixamos aquilo patas arriba! Cada un de nós elixiu o que máis lle gustaba, e resultou que ás rapazas quedamos co que se ven chamando "huipil" e David cun poncho cheo de cores e un gorro que incitaba estar dicindo todo o día; ÁNDELE, ÁNDELE!



jueves, 5 de marzo de 2020

ESCALANDO PIRÁMIDES

Como xa vos contabamos na entrada anterior, estamos metidos de cheo no mundo dos maias.
Desta volta descubrimos unha das súas maiores construcións; as pirámides!
Hai moitas por todo México pero nós decidimos ir a coñecer a de CHICHÉN ITZÁ e a de COBÁ. Mi madriña! O que nos custou subir esta última!




jueves, 13 de febrero de 2020

COÑECENDO OS MAIAS

Como xa vos contamos estamos a coñecer un pouquiño máis sobre a cultura dos maias. É moi interesante!
Quedamos sorprendidos coas súas roupas e tocados. Cantas cores... e plumas... e xoias! Canto máis grande era o seu tocado máis importante era esa persoa!
E vos sabiades que cando se casaban adoitaban facerse tatuaxes?, na nosa terra facémolo porque nos gusta pero eles... é moi curioso! 
Os maias eran artesáns e traballaban con tecidos e cerámica, que foron os produtos que máis chamaron a nosa atención naquel mercadilllo ao que foramos, e que espertou a nosa curiosidade.
Sabemos tamén que eran moi deportistas e pasaban o tempo co "xogo da pelota", que ven sendo uha mestura do noso fútbol e baloncesto.
Cantas cousiñas aprendemos... e cantas nos faltan por aprender !



jueves, 6 de febrero de 2020

NO MERCADILLO...

Na nosa andaina por este fermoso país, decidimos facer unha paradiña para coñecer un dos seus mercados típicos.
Como nos gustou!! Cantas cores e cantos produtos artesáns vimos alí!! (Temos que recoñecer que xa gastamos uns cantos pesos).
Pero sabedes o que máis chamou a nosa atención? Descubrir que había moitos produtos de orixe ou inspiración maia. Isto espertou a nosa curiosidade e decidimos buscar información e aprender máis cousiñas sobre a súa cultura.
Xa vos iremos contando!!




jueves, 23 de enero de 2020

ÁNDALE, ÁNDALE...

Saúdos a todos dende México!
Recén chegados a este novo destino, levamos unha gran alegría ao comprobar que falan en español (menos mal!😊) aínda que cun acento moito máis cantarín.
Xa coñecimos a súa bandeira de fermosas cores e a súa moeda; o peso mexicano.
O certo é que estamos desexando coñecer máis cousiñas deste país que se nos presenta tan interesante.

martes, 14 de enero de 2020

XA ESTAMOS AQUÍ!

Despois de pasar uns días de lecer (e de comer) na compaña dos nosos seres máis queridos, chegou o momento de volver ao cole e contarlle aos nosos compañeiros todas as aventuras vividas na China.
Para meternos todos en situación, decidimos sorprendelos adornando un pouquiño o centro e ofrecéndolles un menú cen por cen chinés; roliño de primavera, arroz tres delicias, pan de gambas e un saboroso flan chinés, e todo isto tivérono que comer cos pauciños (foi moi divertido).
Unha moi boa experiencia que nos axudou a coller folgos para a nosa próxima parada; México!!