jueves, 28 de noviembre de 2019

NI HAO A TODOS!

Nós, que viñamos de falar o noso galego, o noso castelán... .atopámonos cun idioma ben diferente; o chino!!. Non hai quen o entenda!! É que non ten nin letras... ideogramas chinos lle chaman!!
Vós, xa sabedes que nós somos moito de aprender e que non nos mete medo nada, non si? Pois alá que fomos a clases de chino! Aprendemos a escribir os nosos nomes e fixemos a firme promesa de aprender unha palabra nova cada semana.
Polo de agora, como queremos ser educadiños, aprendemos a dicir; ola, adeus, grazas e de nada. O próximo será aprender a pedir algo de comida ou bebida... non vaia a ser!!

miércoles, 27 de noviembre de 2019

E CHEGAMOS Á CHINA...

...concretamente a Pekín!
Non podedes nin imaxinar a cantidade de xente que hai aquí! Hai xente por tooooooodas partes ...
Sen dúbida estamos nun país moi diferente ao noso, e diso xa nos deramos de conta coa barreira do idioma (que iso xa volo contaremos outro día) pero... ai mi madriña! que lío coas moedas e billetes. Isto de pasar de euros a yuanes  está a ser un pouquiño complicado... tanto que, ás veces, xa non sabemos se estamos a comprar máis caro ou máis barato que en España.
Desta volta ímonos converter nuns fenómenos do cálculo mental (aínda  que é posible que quedemos sen cartos antes do que pensabamos).

martes, 12 de noviembre de 2019

CHEGOU O MOMENTO!!!

Despois de tanto tempo de espera, de preparar as maletas, sacar o pasaporte, comprar os billetes...
chegou o momento de marchar! Por fin!!!
Non podedes nin imaxinar o nerviosos que estabamos no aeroporto!
Eran moitas as dúbidas  que tiñamos; e se metín na maleta algo que non debía? e se non paso o control da Aduana? e se pito no control policial?... Todo eran preguntas e nervios! 
Amais, para algúns de nós era a nosa  primeira viaxe en avión e claro.. ver un avión tan grande e pensar en tantas horas de voo..., ai! Que momentos de tensión pasamos!
O certo é que a viaxe foi estupenda; durmimos, xogamos, vimos pelis, comemos... e agora xa, cos pés  na terra, podemos dicir que .... 

                                                           ESTAMOS NA CHINA !!!
                                                                       NI HAO!