martes, 29 de octubre de 2019

ÚLTIMOS PREPARATIVOS

Previsores como somos, xa temos a maleta feita pero... fáltanos o máis importante!! Como imos ir de viaxe sen o noso pasaporte e o billete do avión?.
Onte fomos todos  xuntos ata a Comisaría de Policía a sacar o noso pasaporte. Os policías foron moi simpáticos e rapidamente os tiñamos na man.
Ao saír fomos ata a axencia  de viaxes a recoller o billete do avión que nos levará a China!.
Cada vez estamos máis emocionados  e cunhas ganas tolas de marchar .....xa!




martes, 22 de octubre de 2019

PREPARANDO A EQUIPAXE

Non nos da chegado o momento de comezar a nosa aventura!
Pero ben sabemos que precisamos levar moitas cousas (e non esquecer nada!) para que a nosa viaxe sexa perfecta. 
Foron moitas as dúbidas á hora de facer a maleta; levaremos todo?... Caberame isto na maleta?... Seguro que non esquezo nada?... Colliches o pasaporte?...
Aos poucos foron pasando os nervios da equipaxe pero agora temos os de marchar por fin de viaxe.
Esta viaxe vai acabar con nós e aínda non comezou!!


jueves, 17 de octubre de 2019

martes, 1 de octubre de 2019

COMEZAMOS!!!

Ola a todos!
Somos Carmen, David, Nerea e Sofía, os alumnos máis intrépidos do CEE Vilagarcía de Arousa.
Este ano imos vivir unha marabillosa aventura na nosa aula, xa que estamos metidos de cheo nun proxecto chamado"Trouleando polo Mundo".
Co noso proxecto viaxaremos polos distintos continentes para poder coñecer algún dos seus países e aprender así máis da cultura, idioma, patrimonio e, como non, da súa gastronomía (é que nós sómosvos moi larpeiros).
Estamos a preparar o noso itinerario pero xa vos avisamos de que a nosa viaxe estará chea de aventuras e sorpresas.
O certo é que é a nosa primeira viaxe "internacional" e estamos un pouquiño inquedos e é por iso que nos gustaría notar o voso apoio e sentir que nos acompañades en cada unha das nosas andanzas, así que......estades listos para acompañarnos?.
Ide preparando a equipaxe xa que en breve....despegamos!.